Publicador de contidos

Publicador de contidos

Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas en Manzaneda

Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas en Manzaneda

O evento, que xa cumpre 17 edicións, busca impulsar e homenaxear este instrumento tan ligado a nosa tradición musical

Participaron agrupacións de distintos puntos de España e Portugal. Por primeira vez  houbo cornamusas mediterráneas chegadas dende Mallorca

G24.gal 26/07/2026 15:35 Última actualización 26/07/2026 17:00

O son da gaita tomou este domingo un dos cumios máis altos de Galicia. Dende a cima de Cabeza de Manzaneda, máis de 600 gaiteiros chegados dende distintos puntos da península interpretaron diferentes pezas.

Unha competición que ten ademais unha faciana didáctica, como destaca o seu promotor, o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo. O evento busca pór en valor a importancia deste instrumento.

Participaron bandas de distintos puntos de Galicia, Asturias, Madrid, Cataluña, as Illas Baleares e Portugal. Unha das principais novidades foi escoitar as gaitas mediterráneas, procendentes de Mallorca, e que gardan varias diferencias coas de orixe celta.

O certame foi o broche de ouro a unha fin de semana centrada na música tradicional onde tamén houbo oco para un Serán de Seitura onde se destacou o legado das cantareiras desta terras de Trives e Manzaneda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade