Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro compite ata o final, pero acaba perdendo en Málaga (99-89)

O Obradoiro compite ata o final, pero acaba perdendo en Málaga (99-89)

O equipo galego queda con doce vitorias e ve afastarse os play offs

Foto: EFE
G24.gal 15/04/2023 20:35

O Obradoiro perdeu en Málaga por dez puntos de diferenza ante Unicaja. Foi un partido de ida e volta, no que os de Moncho Fernández mesmo tiveron opcións de triunfo no derradeiro cuarto, cando tiveron un lanzamento para culminar a remontada. Pero a falta de acerto nos momentos decisivos e a solidez dos malagueños nos últimos minutos decantou o choque a prol dos de Ibón Navarro, que acabaron levando o triunfo por 99-89.

Os norteamericanos Osekoski e Perry marcaron as diferenzas. No bando santiagués os destacados foron Zurbriggen e Suárez. O Obradoiro queda con 12 vitorias e 15 derrotas, na zona media da táboa da Liga ACB.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade