Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta empata 1-1 co Lión tras xogar case toda a segunda parte en inferioridade

O Celta empata 1-1 co Lión tras xogar case toda a segunda parte en inferioridade

Javi Rueda marcou tras culminar un contragolpe que iniciou el mesmo

Borja Iglesias viu o cartón vermello no minuto 53 e non xogará en Lión

Endrick marcou o minuto 87 no único erro de Radu en todo o partido

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 12/03/2026 20:08 Última actualización 12/03/2026 22:55

A primeira oportunidade foi dos franceses, cun testarazo alto de Tolisso. Era o minuto cinco. Os de Fonseca creaban perigo e Nartay gozaba doutra oportunidade cun disparo cruzado.

O Lión foi o campión da primeira fase da competición continental con sete vitorias e unha soa derrota -ante o Betis no Villamarín-, o que lle outorgaba, a priori, o papel de favorito, a pesar da súa mala dinámica e as numerosas baixas.

E é que Fonseca tiña que xogar con numerosas ausencias, tanto por lesións, como por sanción ou por non estar rexistrados na competición. Non puido contar con Fofana, Sulc, Moreira, Maitland-Niles, Kamara e Hateboer.

Con todo, xogaba mellor o Lión e Radu tivo que facer unha gran intervención para evitar o 0-1. No posterio contragolpe, Javi Rueda culminou un gran contragolpe conducido po Wiiliot. Era o minuto 24.

O Celta agardaba atrás e saía con rapidez. Borja tivo un cara a cara con Graif, pero o porteiro rexeitou o disparo do Panda.

O Lión tivo unha grande ocasión para empatar, pero Radu fixo unha gran parada a remate de cabeza de Endrick. Así remataron os primeiros 45 minutos, co triunfo pola mínima do Celta.

A segunda parte comezou sen trocos no Lión, mentres que Giráldez facía dous. Entraron Jutglá e Sergio Carreira e quedaban no banco Iago Aspas e o goleador Javi Rueda.

Unha das malas novas para o Celta foi o cartón a Mingueza aos dous minutos do reinicio. O catalán non poderá xogar o partido de volta.

O Lión tiña en Endrick o seu mellor xogador. Un disparo seu foi case gol de non ser por outra gran resposta de Radu.

A polémica chegou no minuto 8. Borja Iglesias viu o seu segundo cartón e, como Mingueza, non xogará a volta.

Claudio volveu mover o banco. Entraron Ristic e Pablo Durán, e marcharon Mingueza e Williot.

Ionut Radu vestiuse de heroe no minuto 75. O romanés fixo a parada da noite cando voou para sacar un gran remate de cabeza de Yaremchuc. Con todo, Radu tamén cometeu un grave erro. Non atallou o disparo de Endrick que significou o 1-1.

Así rematou o encontro. Dentro dunha semana coñeceremos o desenlace da eliminatoria en Francia. Antes, o Celta terá un decisivo partido ante o Betis na loita pola quinta praza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade