Cargando resultados...
O Obradoiro afronta un final de liga trepidante á procura da permanencia
Seis equipos pelexarán nas cinco últimas xornadas por evitar os dous postos de descenso
G24.gal
19/04/2022 21:15
O Betis suma tres vitorias seguidas e deixa de ser pechacancelas. O Zaragoza dous triunfos consecutivos, e un deses ante o líder Barcelona. Fuenlabrada perdeu os dous últimos partidos. E o Burgos só gañou un nas cinco últimas xornadas. Moito baile. Todo está moi igualado. E o presidente do Obradoiro quixo lembrarllo ao equipo.
Partido a partido, porque só unha vitoria separa a liña do descenso da permanencia. Cinco xornadas para o final da Liga regular. O Obradoiro ten un calendario duro. Primeiro rival: Gran Canaria.
A pesada mochila que teñen 6 equipos da zona baixa. 4 salvaranse, 2 caerán cara á Leb Ouro, polo momento Andorra e Burgos.