Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Noia loita ata o final, pero non pode co Barça (5-8)

O Noia loita ata o final, pero non pode co Barça (5-8)

O equipo galego aguantou ata o descanso, pero o Barça rachou o partido despois

Unha reacción final colocou o Noia 5-7, pero sentenciou Pito

Foto: Pichero
G24.gal 01/10/2023 11:40

O Noia Portus Apostoli segue sen acadar ese primeiro triunfo da temporada. Os galegos recibían ao Barça nun esixente enfrontamento en que competiron a moi bo nivel durante a primeira parte. Adiantáronse por medio de Pola, e tamén co dous a un logo dunha acción de Pirata que petou en Sergio González.

Pero o Barça, que igualou antes do descanso, desatouse na segunda metade con cinco goles nos nove primeiros minutos. O Noia aínda se levantou, e púxose 5-7 con tantos de Altamirano, Pola e David Pazos. Pero Pito fixo o 5-8 final, que mantén ao conxunto galego cun so punto, pero fóra do descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar