O negocio máis asaltado da Coruña sufriu máis de trinta roubos nos últimos dous anos
Xa o expulsaron de tres aseguradoras
Para evitar novos roubos o propietario da churrería sacou as máquinas expendedoras do local
O propietario da churrería séntese impotente e frustrado ante a vaga de roubos que lle tocou sufrir. Nos últimos dous anos sufriu máis de trinta roubos. Os dous máis recentes hai quince días.
Con esta situación explica que xa foi expulsado de tres aseguradoras. Pero a súa odisea non remata aquí. Na rúa onde ten a churrería tamén son frecuentes os roubos no interior dos coches. Óscar tamén foi vítima.
No barrio contan que moitos vehículos quedan abertos porque o sistema de inhibidores de frecuencia que dá seguridade ao edificio da Xunta , inhabilita os mandos dalgúns automóbiles.
Veciños e hostaleiros quéixanse da escaseza de vixilancia policial.