Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Museo do Pobo Galego estrea salas para contar a historia de Galicia dende o Paleolítico

O Museo do Pobo Galego estrea salas para contar a historia de Galicia dende o Paleolítico

A sala aberta ilustra o Paleolítico Inferior, o megalitismo posterior, os castros e a Gallaecia romana

G24.gal 25/01/2022 14:59

O Museo do Pobo Galego, a cabeza simbólica dos museos de antropoloxía de Galicia, a dicir do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, estrea sala e vive o seu momento de esplendor con sucesivas ampliacións.

A que abre este martes ofrécennos unha idea básica e cabal do que como eran e que facían os oestrimnios, os poboadores do noso territorio hai 300.000 anos, ata convertese no primeiro reino de todo Occidente: a Gallaecia Sueva. Atrás desta sala han vir outras para a Galicia medieval e moderna.

"Cubrimos a primeira etapa e este ano, se todo vai ben, chegaremos ao século XVIII. Esperemos que este esforzo colectivo continúe e poidamos rematar na Galicia actual nun par de anos como moito", explicou Xusto Beramendi, presidente do Padroado do Museo.

O presidente da Xunta ve nas salas do museo unha Galicia que vive a súa Historia como diálogo, non como conflito. Di que estas pezas axudan a recoñecernos como pobo. 

"A que tomáramos plena conciencia de seu, a que víramos como herdeiros dunha cultura secular, a que se concienciaran á hora de protexela e divulgala fóra de Galicia. Co paso dos anos o Museo do Pobo Galego acreditou méritos propios. Na nosa opinión, méritos para ser a cabeceira espiritual e simbólica de Galicia", dixo Feijóo. 

A sala aberta hoxe ilustra o Paleolítico Inferior, os megalitismo posterior, os castros e a Gallaecia romana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade