Publicador de contidos
Publicador de contidos

O moañés Delio Fernández lidera a Volta a Portugal

O moañés Delio Fernández lidera a Volta a Portugal

Delio gañou na Torre, na serra da Estrela, no Mont Ventoux portugués

G24.gal 15/08/2023 12:20 Última actualización 15/08/2023 12:23

O moañés Delio Fernández lidera a Volta a Portugal a falta de cinco etapas. Delio gañou na Torre, na Serra da Estrela, no Mont Ventoux portugués, por segunda vez. Ten 37 anos e leva 16 de profesional.

Foi a cuarta etapa que gaña na proba lusa. Delio Fernández foi o mais astuto na interminable subida á Torre. A seis segundos entrou o suízo Stussi e a 19 o biscaíño Juaristi. Na xeral esas son as diferencias.

Por diante quédanlle a Delio Fernández etapas de difícil control, o ascenso a Nosa Señora da Graca na penúltima xornada e a crono de dezaoito quilómetros en Viana do Castelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar