Cargando resultados...
O Mercado Medieval volve ateigar Mondoñedo de xente
Xustas, vodas medievais ou nomeamentos de cabaleiros son algúns dos alicientes dun mercado que aposta polo produto autóctono e artesanal
G24.gal
10/08/2025 14:58
Hai trinta e tres anos que Mondoñedo comezou a celebrar un mercado medieval que xa está completamente consolidado e que consegue atraer cada ano milleiros de persoas, interesadas en participar nas actividades que se ofrecen e, tamén, de pasear por unhas rúas que se enches de espectáculos itinerantes, como os músicos, os malabaristas ou os trasnos danzantes enriba de alzas.
Tamén é un importante reclamo o posto no que se ofrecen liscos de viño de balde.
"Eu repito cada ano", coméntanos unha madrileña, mentres que unha veciña mindoniense asegura que ver a vila así de chea de xente "dá moitísima alegría".