Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mercado do Tinglado impulsa o consumo responsable na Coruña

O mercado do Tinglado impulsa o consumo responsable na Coruña

Roupa, artigos do fogar e de decoración, libros e xoguetes buscan unha segunda oportunidade no Palexco

G24.gal 17/05/2025 20:54 Última actualización 17/05/2025 22:00

O mercado circular do Tinglado fixo parada na Coruña con cento corenta postos de particulares dispostos a vender o que xa non utilizan para darlle unha segunda vida. A iniciativa busca o compromiso da cidadanía co consumo responsable e a reciclaxe.

Vestidos que hai tempo que non poñemos, libros que xa non abrimos, zapatos que xa non calzamos, cousas, en definitiva, que sabemos que non empregaremos máis, pero están en perfecto estado. Todo iso ten cabida no Tinglado.

Hai, sobre todo roupa e complementos, pero tamén obxectos de decoración e xoguetes, algúns para nostálxicos, como o Cinexin que trunfou nos anos 70 do século pasado. Do que se trata, en definitiva, é de consumir responsablemente.

O mercado do Tinglado seguirá aberto o domingo no Palexco.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade