Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Mercado das Nubes da Coruña reúne máis de 50 propostas de creadores locais
Moda, artesanía, gastronomía e arte xúntanse no mercado de Santo Agostiño
                            G24.gal
                        
                            17/12/2022 20:26
                        
                        
                                Última actualización 17/12/2022 21:19
                        
                        
                    
                    Un escenario diferente para para atopar ese agasallo orixinal que andamos buscando é a praza de abastos de Santo Agostiño da Coruña. Alí celébrase durante a fin de semana unha nova edición do Mercado das Nubes, coas propostas orixinais de medio cento de creadores locais.
Os proxectos abarcan sectores como a moda, a xoiería, a cosmética, a arte ou a alimentación, todo baixo a emblemática cuberta parabólica do mercado, un espazo que axuda a construír barrio e que serve de escaparate a emprendedores que, en moitos casos, carecen de tenda física propia.
Produtos singulares, sostibles e de proximidade na edición de Nadal do Mercado das Nubes.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        