Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mercado Artesanamente amosa en Santiago o producto dos oficios tradicionais galegos

O Mercado Artesanamente amosa en Santiago o producto dos oficios tradicionais galegos

Case medio cento de propostas que reflicten o saber de xeracións cun enfoque actualizado tanto do eido da artesanía como no da gastronomía
 

G24.gal 21/09/2025 20:20

A Sede de Afundación foi o punto de encontro en que celebrar as nosas raíces e fomentar un consumo responsable. Os protagonistas son todos aqueles que optaron polos oficios tradicionais, case medio cento de propostas. 

"Inventar un evento que puxera en valor todo o que é o ofcio tradicional, tanto o manual como o de alimentacion"

"Hai moitísima innovación facendo un plantexamento dende os oficios traicionais, coas mesmas técnicas e dandolle unha volta"

O talento dos artesáns galegos está respaldado por moreas de premios e recoñecementos internacionais. Desta vez buscouse darlles visibilidade a propostas en que o deseño mais rompedor faise realidade con técnicas ancestrais. 

"O obxetivo era volver a sacar os cestos á rúa como facían as nosas avoas. Argallei unha forma de volvelos mochilas, actualizando o cesto de sempre cos materiais de sempre.

"Eu desenvolvo tecidos con agulla e gancho. Neste caso presento a colección Prímula que é unha reinterpretación do encaixe de bolillo integrandoo nos tecidos de calceta.

"Teño un obradoiro de pedra, GSC Petrum, e dedicámonos a facer sobre todo vaixela para alta hostelería"

Ademais dos postos do mercado, houbo demostracións de oficios en vivo e conferencias como as do canteiro Octavio Váquez ou o deseñador Lorenzo Caprile. 

Ademais dos postos do mercado, houbo demostracións de oficios en vivo e conferencias como as do canteiro Octavio Váquez ou o deseñador Lorenzo Caprile.          

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade