O mercado da roupa de segunda man move en España 5.500 millóns de euros ao ano
Esta fin de semana celebrouse un mercdo de roupa de marca usada en Lugo con grande éxito de público
Estímase que a roupa de segunda man move en España anualmente uns 5.500 millóns de euros. Son pezas que se distribúen, por exemplo, nos mercados de rúa, en salóns de hoteis ou a través de plataformas dixitais.
Dende hai uns anos cada día é máis frecuente atopar mercados nos que a roupa de segunda man é a protagonista.
Esta fin de semana celebrouse en Lugo un mercado deste tipo enfocado nas pezas de roupa usadas de marca, para moitos unha oportunidade de facerse cunha chaqueta ou uns pantalóns exclusivos a baixo custo.
Detrás de este negocio están os intereses empresariais, pero tamén a intención de escapar da moda rápida e a de acollerse á reciclaxe e á reutilización da roupa como un xeito de contribuír á mellora do planeta.