Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coches a prezos reducidos no Salón do Vehículo de Ocasión de Ourense

Coches a prezos reducidos no Salón do Vehículo de Ocasión de Ourense

Preto de catrocentos vehículos dunha trintena de marcas puxéronse á venda esta fin de semana en Expourense

A asociación de concesionarios organiza a feira para liberar stock antes de que remate o ano

G24.gal 26/10/2025 20:20 Última actualización 26/10/2025 21:02

Desde Vigo chegou unha familia á procura urxente dun coche a bo prezo.

"Levamos case un mes sen coche e fainos falta xa".

"E decatámonos de que había o salón aquí e viñemos. Xa vimos un e a ver se chegamos a un acordo", comentan marido e muller.

Están ultimando a compra. Tras visitaren o salón, a idea que traían inicialmente foi mudando.

"En principio, eléctrico non entraba moito nos seus plans, pero vimos un que lle gustou e estamos aí...", explica a muller.

Levan un coche cen por cento eléctrico, unha das opcións que promoven os concesionarios á vista dos cambios que se aveciñan.

"Etiqueta cero sempre. Sexa híbrido enchufable ou eléctrico. É o futuro sen dúbida. E agora que en Vigo e en Ourense van poñer cero emisións, é a mellor decisión", explica o vendedor Mario León Gómez.

Preto de catrocentos coches de ocasión, quilómetro cero e segunda man, dunha trintena de marcas distintas e a prezos que oscilan entre os 8.000 e os 70.000 euros son as cifras deste salón onde o aforro é o que máis busca a clientela.

"Principalmente veñen buscar prezo e, obviamente, calidade", asegura Lúa de Angelis, tamén vendedora.

"Ao final a marca sempre nos deixa un pouquiño máis de marxe. É unha oportunidade realmente favorable para facerse cun coche", engade Mario León.

Un dos compradores aforrará 6.000 euros a maiores, por un sorteo que organizan os concesionarios para animar as vendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade