Día de cumprir coas ofrendas ao Nazareno, na procesión das mortallas
A procesion fai un percorrido polo centro urbano da Pobra do Caramiñal
Os ofrecidos saen co hábito mortuorio e cos cadaleitos baleiros
Cadaleitos, cirios e mortallas sairon á rúa na Pobra do Caramiñal nunha procesión en que se celebran as segundas oportunidades da vida. É o momento máis solemne das festas, en que os fieis agradecen a intervención do Nazareno por telos librado dunha grave doenza.
Logo de días de pasarrúas, verbenas e concertos, a devoción toma as rúas da Pobra e sae a procesión das mortallas. Os ofrecidos procesionan con hábito mortuorio xunto aos cadaleitos baleiros. Estiveron ás portas da morte e os crentes agora agradecen a mediación do Nazareno para fuxir dela.
"É unha procesión de moita vida, non é de morte"
"Isto telo que levar dentro. Eu xa fun nalgunha outra ocasión co hábito e desta volta vou co ataúde porque xa estiven bastante grave, na UCI"
"O Nazareno creo que nos está axudando, entón quero cumprir coa ofrenda"
"Ofrecinme porque me amputaron o pé esquerdo pola diabetes
A orixe desta procesión pérdese na historia, temos que remontarnos ao século XV para atopar mencións á lenda protagonizada polo rexedor Juan de Liñares co que deu comezo.
"Non lle daba xa esperanza de vida e xa encargaran o seu cadaleito para enterrarse. Cando viña este tempo do Nazareno el tiña catro reos para executar, entón dixo que lles perdoaba a vida se se salvaba. E foi así, perdooulle a vida e fixo unha procesión desde onde vivía ata a igrexa"
A festa continúa na Pobra con varias actuacións musicais que rematarán con verbena a cargo da orquestra Panorama.