Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aialma é o mellor mel de Galicia, segundo a Asociación Galega de Apicultura

Aialma é o mellor mel de Galicia, segundo a Asociación Galega de Apicultura

É o froito dun proxecto familiar vencellado aos montes de Laza

Botou a andar en plena pandemia e en tan só catro anos xa lograron varios recoñecementos, entre eles o ouro nos London Honey Awards de 2023

G24.gal 28/02/2024 21:03 Última actualización 28/02/2024 21:34

Foi na pandemia cando Lucía e José Antonio decidiron cambiar a cidade polo rural e pór en marcha o seu proxecto apícola. Comezaron con vinte colmeas e agora xa teñen duascentas.

O seu mel Aialma é froito dunha aposta pola volta á terra e ás raíces familiares. Producen tres tipos de mel distintos: de castiñeiro, de silva e un multifloral que traslada ao padal a biodiversidade dos montes de Laza.

Foi precisamente este o que recibiu o ouro nos London Honey Awards e, máis recentemente, nos premios que outorga a Asociación Galega de Apicultura como mellor mel de bosque de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar