Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia paga o esforzo europeo e complica a situación ligueira

O Mecalia paga o esforzo europeo e complica a situación ligueira

Clara derrota ante do Rocasa Gran Canaria na Sangriña (25-32)

A dúas xornadas do final da liga só lle saca dous puntos ao equipo que iría ao play off de permanencia

G24.gal 29/03/2023 21:55

O Mecalia Guardés volveu á realidade ligueira despois do triunfo na semifinal europea ante o Elx. Recibía na Sangriña o poderoso Rocasa Gran Canaria, que levou os puntos con claridade (25-32) e complica a situación das da Guarda para as dúas últimas xornadas do campionato. 

O obxectivo das de Ana Seabra é evitar o tan temido play off de permanencia e, a dúas xornadas para o final do campionato regular, tan só lle saca dous puntos ao Granollers, equipo que ocupa o noveno posto. 

Diante do Rocasa non houbo partido. De saída, as canarias meteron un parcial de 2-5 e foron incrementando a vantaxe ata chegar ao descanso cunha máxima diferenza de once goles (7-18). No segundo tempo, o Mecalia mellorou moito no aspecto ofensivo, pero non conseguiu inquedar o triunfo visitante. Chegou a poñerse a cinco goles na parte final (25-30) pero acabou perdendo por sete. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade