Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense cede ante o Barakaldo un empate na compensación (2-2)

O Ourense cede ante o Barakaldo un empate na compensación (2-2)

Castillo e Yuste marcaron para os das burgas nos primeiros 20 minutos

Eric e Sabín Merino empataron para os vascos na segunda parte

G24.gal 13/12/2025 20:16 Última actualización 13/12/2025 20:44

O deste Ourense é cousa seria. Está nun momento espectacular. Mataxigantes na Copa e nun momento excepcional na LIga. Levaba tres vitorias nos últimos catro partidos. E a desta fin de semana semellou por momentos que se ía converter na cuarta. Sobre todo por como arrancou; con dous goles galegos nos primeiros 20 minutos, de Castillo e de Yuste. A tarde apuntaba a unha nova festa no Couto.

Pero o Barakaldo é un equipo de oficio, deses que non se desfán facilmente e teñen calidade. E así foi como comezaron a chegar, a medrar no seu fútbol e acabaron por meterse na pelexa no segundo tempo, a media hora do final, cun gol de bandeira de Eric Pérez. Golazo. Espectacular. E logo a sufrir polo estreito do resultado. E o Barakaldo a apertar, a colgar balóns. Ata que nun deles, no tempo de compensación, Sabín Merino cazou o balón solto e empatou o partido.

Golpe duro cando o partido estaba nas últimas e parecía xa gañado.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade