Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés comezou a preparar a súa estrea na European Cup ante o Byala búlgaro

O Guardés comezou a preparar a súa estrea na European Cup ante o Byala búlgaro

Cristina Cifuentes: "Chegamos moi ben, levamos unha dinámica moi positiva"

Foto Mecalia
G24.gal 04/11/2025 13:04 Última actualización 04/11/2025 13:13

O Mecalia Atlético Guardés comezou xa a preparar a súa estrea na European Cup. Será esta fin de semana en Bulgaria. Alí xogarán os dous partidos da eliminatoria fronte ao Byala: o sábado ás 12 e o domingo ás 14 h.

Mecalia, colíder na liga española, afronta o regreso a Europa con moita ilusión, ganas e, por que non, coa vitola de favoritas.

Cristina Cifuentes: "Chegamos moi ben, levamos unha dinámica moi positiva. O nivel da competición europea está subindo. Temos que centrarnos na nosa defensa, en correr e a ver que pasa".

O Byala fundouse no ano 2020, e entre os seus éxitos destacan dous campionatos de liga na elite búlgara RHG A en 2022 e 2023 e dúas Copas de Bulgaria.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade