Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán cae con claridade ante o Tenerife no Pazo (96-108)

O Breogán cae con claridade ante o Tenerife no Pazo (96-108)

Os lucenses chegaron a estar a tres no segundo cuarto

O ritmo ofensivo e o acerto visitantes foron clave

Doornekamp, máximo anotador, con 20 puntos

G24.gal 13/12/2025 21:07

O Río Breogán pouco puido facer diante do poderío ofensivo do Tenerife. Derrota clara no Pazo, por 12 puntos de diferenza (96-108).

Os visitantes sairon centrados, dispostos a abrir brecha e rápido lograrona. Anotaron 33 puntos no primeiro cuarto, con porcentaxes case perfectas. Con 24-33 pecharon o cuarto.

No segundo, reaccionou o cadro galego, que nos deixou os seus mellores momentos. O Breo conseguiu poñerse a tres puntos (45-48). Mais a clave do partido estivo no final deste segundo cuarto e no inicio do terceiro cun e Espectacular Tenerife que volveu coller distanza. E, desta volta, si soubo manexala. 

Sahko acabou con 15 puntos nos galegos. Con 20 Doornekamp no Tenerife.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade