Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán queda á beira da remonta diante do UCAM Murcia (95-106)

O Breogán queda á beira da remonta diante do UCAM Murcia (95-106)

Logo de ir gran parte do partido unha dicua de puntos por debaixo, os de Casimiro puxéronse 88-89

Nos minutos finais, os murcianos exhibiron a súa facilidade anotadora para iren ata os 106 puntos e levar a vitoria

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 07/02/2026 21:56

O Breogán presentou batalla contra un dos equipos fortes da Liga ACB, conseguiu reducir unha ampla desvantaxe nos minutos finais, pero acabou morrendo na beira diante dun UCAM que foi ata os 106 puntos.

A igualdade inicial so durou ata a metade do primeiro cuarto, cando unha tripla de Andric establecía o 15-13. A partir de aí o UCAM Murcia comezou a anotar con maior facilidade, asinando 29 puntos ao final dese parcial, e 56 ao descanso. Pero o Breogán non se deixou ir, mantívose en todo momento por detrás, pero cunha desvantaxe que non subía da decena de puntos.

Esa dinámica mantívose á volta dos vestiarios, cunha desvantaxe que se estabilizaba entre os dez e os trece puntos, ata que Mavra anotaba para deixar aos seus a cinco. Chegou entón outro parcial do UCAM, un 0-7 que volvía estirar a renda.

A corda estiraba pero non rachaba, e o Pazo seguiu empurrando ao seus que, no cuarto cuarto, consumaban unha nova reacción. Outra canastra de Mavra asinaba un 7-0 ao que seguiu unha tripla de Aranitovic que deixaba o 85-87 e o tempo morto de Sito Alonso.

O partido comezaba de novo con 6 minutos por diante. Unha tripla de Russell reducía a desvantaxe á mínima expresión, pero o UCAM respondía cun 0-5, e unha tripla de DeJulius conxelaba o Pazo a tres do final.

Pero os lugueses resistíanse, como amosou Andric a volta do tempo morto. Pero os murcianos, que remataron con 7 xogadores por riba dos dez puntos, seguían moi enchufado, e un 2+1 de Cacok, que xa sumaba 24, subía a renda por riba dos dez puntos para sentenciar o encontro, cun parcial final de 7-17 ata o 95-106.

O Breogán vendeu moi cara a súa pel, con 20 puntos de Brankovic, 16 de Andric, 15 de Russell e 13 de Mavra, pero non lle abondou para conseguir a novena vitoria da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade