Publicador de contidos

Publicador de contidos

Traballada vitoria do Guardés ante o Elx (20-17)

Traballada vitoria do Guardés ante o Elx (20-17)

As do Baixo Miño racharon na segunda metade un partido que chegou empatado ó descanso (10-10)

O Guardés mantén o man a man co Bera Bera polo liderado

@AtleticoGuardes @AtleticoGuardes
G24.gal 12/11/2025 22:49

Importante vitoria a acadada polo Guardés na Sangriña ante o Elx. Partido que se complicou por momentos pero que finalmente o equipo de Ana Seabra soubo sacar adiante despois dunha boa segunda metade, xa que o descanso chegouse co marcador igualado (10-10). A férrea defensa alacantina creou moitos problemas en ataque as xogadoras locais que pagaron o esforzo da fin de semana, cando acadaban en Bulgaria unha dobre vitotia que as clasificaba para a seguinte rolda da EHF European Cup

Partido moi complexo no apartado defensivo e sacado adiante grazas ao apoio na portería e á limitación de erros na segunda metade. As da Guarda colócanse segundas na táboa, a dous puntos do Bera Bera, pero cun partido menos que as vascas. Ámbolos equipos suman unha xeira de seis xornadas consecutivas gañando. O último partido onde non sumaron a vitoria foi no que se enfrontaron entre ambos e remataron cun empate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade