Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia impón a súa lei no derbi diante do Porriño (21-25)

O Mecalia impón a súa lei no derbi diante do Porriño (21-25)

O equipo do Baixo Miño mantense no máis alto da clasificación canda o Bera Bera

G24.gal 02/11/2025 14:24

O Mecalia Guardés impúxose no derbi galego da Primeira División de balonmán feminino ao Conservas Orbe Zendal Porriño por 21-25. Mantense o cadro do Baixo Miño no máis alto da táboa clasificatoria canda o Bera Bera. A cubana do Guradés Lorena Téllez -8 goles- foi a xogadora máis destacada sobre a pista. Paulina Buforn e Lucía Laguna achegaron seis para o Porriño. 

Houbo moitas alternativas nos primeiros 20 minutos. O Guardés chegou a estar dous arriba (3-5) e reaccionou o Porriño (7-6). Entre o final da primeira parte e o comezo da segunda o Mecalia encadeou un parcial de 0-6 (8-15) que lle permitiu coller unha boa vantaxe. O Porriño buscou recurtar diferenzas de todos os xeitos pero foille imposible diante dun equipo da calidade e experiencia do Guardés que sempre mantivo a distancia de seguridade por riba dos catro goles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade