Publicador de contidos

Publicador de contidos

O meañés Ignacio Orge, campeón de España de cetrería na categoría de baixo voo coa aguia Taiga

O meañés Ignacio Orge, campeón de España de cetrería na categoría de baixo voo coa aguia Taiga

Posúe os tres títulos nacionais na súa especialidade: azor, pequenas aves e harris

En novembro acadou o primeiro  e segundo posto no campionato galego

Ignacio Orge con Taiga, a aguia harris coa que gañouo Campionato de España de cetrería
Marta González Salve 14/12/2021 13:52

Hai 8 anos que Ignacio Orge, grande aficionado á cetrería, decidiu meterse de cheo no mundo do adestramento e da competición. Desde entón o seu palmarés na súa especialidade de baixo voo non para de medrar. 

Detrás destes títulos, moitas horas de coidados e adestramento tanto físico como psicolóxico coas aves. 

A clave do seu triunfo estivo na efectividade de Taiga, a súa aguia harris, nos dous lances.

Un mes antes de gañar o título nacional, este cetreiro acadara o primeiro e segundo postos no campionato galego na categoría de aves pequenas. Despois de chegar ao máis alto na súa especialidade e rematadas as competicións, segue a traballar para seguir sumando triunfos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade