Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lume no Ceao deixa danos millonarios e máis dúbidas sobre a capacidade da rede de augas

O lume no Ceao deixa danos millonarios e máis dúbidas sobre a capacidade da rede de augas

 O Concello defende que quedou demostrado durante a extinción que a presión foi suficiente

Os investigadores traballan para determinar a orixe do lume

A policía segue investigando a orixe do lume que calcinou a nave de Sidegal en Lugo
G24.gal 27/03/2024 14:40

Moi afectado polo incendio, que o colleu fora de Lugo, o propietario da empresa sinistrada no polígono do Ceao fai balance e mira xa o futuro. Fala de danos millonarios, pero di que o importante é que os feridos evolucionan favorablemente.

A Policía Nacional segue traballando para determinar a orixe do lume. Testemuñas do sinistro reviviron por momentos as escenas do incendio que hai tres anos calcinaba varias naves próximas. Naquel entón quedara en evidencia unha rede de auga antiga e con pouca capacidade, aspecto cuestionado tamén agora. Os empresarios lamentan que nestes anos non se modernizase.

Desde o Concello de Lugo suliñan a rapidez con que se extinguiu o lume e cren que os medios son suficientes. As naves lindeiras que foran desaloxadas non se viron afectadas e todo volveu xa á normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade