Cortada ao tráfico a A-52 preto de Ribadavia e Melón, e mantéñense os cortes na OU-1009
Os cortes da A-52 son en Ribadavia destino Vigo e en Melón destino Benavente
A OU-1009 está cortada no quilómetro 1, entre Cabreiroá e Vilar de Cervos
Reaberta a A-52 a altura de Vilardevós e tamén abriu a OU-533

Os servizos de emerxencias en Galicia e a DXT están informando este domingo dos cortes de tráfico que hai en moitas estradas por mor dos incendios.
A A-52 está cortada en Val de Pereira, en ambos sentidos por incendio forestal.
⚫️🔥 Cortada en #Ourense la A-52, por incendio forestal.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) August 17, 2025
➡️ En Val de Pereira, ambos sentidos.
📍Desvío señalizado por la N-120. pic.twitter.com/qgPwXNqYbQ
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) August 17, 2025
📢ℹ️🔥En Ourense, cortados los accesos a la carretera A-52 en Vilardevós, en el P.K. 155, debido al incendio y los respectivos trabajos de la UME.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) August 17, 2025
⚠️Les pedimos evirtar circular por la zona y mucha precaución. pic.twitter.com/LU733cjlvd
A A-52 atópase cortada á circulación, en treitos próximos ás localidades de Ribadavia e Melón. A Dirección Xeral de Tráfico informou de cortes ao tráfico, "nas contornas de Ribadavia, en sentido Vigo, e en Melón, en sentido Benavente, por incendio forestal. Polo momento, hai desvíos alternativos pola N-120.
⚫️🔥 Cortada en #Ourense la A-52, por incendio forestal.
Tamén está cortada a A-52 a altura de Ribadavia en dirección Vigo e en Melón en dirección Benavente:
⚫️🔥 Cortada, en #Ourense, la A-52, por incendio.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) August 17, 2025
➡️ Ribadavia, sentido Vigo.
➡️ Melón, dirección Benavente.
📍Desvío señalizado por la N-120. pic.twitter.com/SlL2dTuwPfA primeira hora desta tarde foron reabertos os accesos nesta autovía ao seu paso por Vilardevós, en Ourense, mentres que permanecen os cortes na nacional OU-1009 en Cabreiróa, debido aos incendios. A OU-1009 está cortada no quilómetro 1, entre Cabreiroá e Vilar de Cervos. A OU-533, que tiña a circulación condicionada con pasos alternativos, xa foi aberta ao tráfico no punto quilométrico 1, no Bolo.
Ademais, mantéñense as medidas de protección á cidadanía en Ourense, coas recomendacións de evitar desprazamentos innecesarios e afastarse das zonas afectadas polos incendios. En toda a provincia permanece a alerta 2 de emerxencia.