Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lumbrigante máis lonxevo do mundo, de 84 anos, exponse nun restaurante de Rinlo

O lumbrigante máis lonxevo do mundo, de 84 anos, exponse nun restaurante de Rinlo

O soberbio espécime, de case un metro de lonxitude, pesaba máis de oito quilos

Félix Aragunde 27/05/2024 21:04 Última actualización 27/05/2024 21:32

As medidas deste lumbrigante son tan extraordinarias, que o seu propietario decidiu expoñelo de forma permanente no seu restaurante, situado na vila mariñá de Rinlo. Cando foi capturado no mar Cantábrico, tiña case un metro de lonxitude e pesaba máis de 8 quilos.

Unha vez examinado nun centro de investigación catalán, comprobouse que este lumbrigante era octoxenario. Tiña nada menos que 84 anos de idade, o que o converte nun exemplar case de récord Guinness.

Iván Lombardía, dono do restaurante: "Con este tamaño e con este peso, compite con outro de Escocia, que se capturou na illa de Skye. A cousa está axustada tocante ao peso. O que si sabemos é que é o de máis idade en Homarus gammarus, que é a súa especie".

O dono do crustáceo recibira varias ofertas económicas por este soberbio espécime. Aínda así, decidiu quedar con el e preparalo debidamente para que o poida ollar todo o mundo.

Iván Lombardía, dono do restaurante: "Sabendo das súas medidas excepcionais, aplicámoslle a taxidermia.Entendiamos que tiñamos un bicho nas nosas mans que era algo fóra do normal".

Agora que loce nunha urna deseñada en exclusiva, o que podería ser o lumbrigante máis lonxevo ata o momento converteuse nun reclamo máis para a clientela deste restaurante ribadense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar