Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a campaña de libre marisqueo na Arousa, cos principais bancos pechados

Comeza a campaña de libre marisqueo na Arousa, cos principais bancos pechados

Os Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío van estar pechados, o que significa que especies como a ameixa babosa, a xapónica e o perberecho da ría non chegue ás lonxas

A actividade limitarase a zonas exteriores da ría como a contorna de Ribeira

G24.gal 29/09/2026 14:13

Este xoves comeza a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa cos seus grandes bancos pechados. Isto tradúcese en que vai ser difícil atopar nas lonxas especies como ameixa babosa, xapónica ou berberecho desta zona. As mostraxes indican que a rexeneración non dá chegado e, mentres, o pesimismo medra entre os mariñeiros.  

Javier Quintáns, patrón maior da confraría do Carril, cualifica a situación de "agónica, e asegura que, despois de anos con esta situación "cousa pinta moi mal". Engade que este luns tiveron unha reunión coa Consellería, quen lles referiu que as especies "non dan a medida comercial" e que a rexeneración parece non dar chegado. Desde a Confraría do Carril, amais da rexeneración, instan a tomar outras medidas como "a dragaxe, a canalización e que se traballe o terreo máis aló das análises". 

Incerteza tamén entre as mariscadoras de a pé, na Illa de Arousa levan case un ano sen poder traballar. Unha situación que, en ambos os dous casos, agrávase cos mercados internacionais pisándoos.

Este xoves, cos bancos dos lombos do Ulla, o Boído e Cabío pechados, veranse obrigados na ría da Arousa a ir ás zonas exteriores. Confesábannos na confraría do Carril que non saben cantos barcos sairán.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade