Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres minutos tolos privan o Lugo dos tres puntos no Molinón

Tres minutos tolos privan o Lugo dos tres puntos no Molinón

Carrillo marcou o seu sétimo gol na temporada logo dun gran centro de Ricard

Gerard Valentín rematou expulsado xusto despois do tanto do empate do Sporting

Xavi Torres e Ricard Lopez lamentan os dous puntos perdidos no Molinón

G24.gal 02/01/2022 15:21

Logo dese macrogromo, o Lugo volveu á competición facendo un gran partido.

Os de Rubén Albés golpearon primeiro cun golazo de Carrillo, dominaron e tiveron as mellores ocasións, ata o minuto 61.

Nese intre, e logo dunha perda de Gerard Valentín, Aitor García empataba para o Sporting e tan só dous minutos despois o colexiado expulsaba ao propio Gerard con cartón vermello directo logo dunha entrada por detrás a Kravets.

Malia todo, o Lugo xestionou o marcador e incluso tivo algunha opción para levar os tres puntos cun futbolista menos. Ao final, e tendo en conta o contexto, meritorio punto dos albivermellos no Molinón.

Minuto a minuto

15:26

Feliz ano 2022!

 

Volve o fútbol profesional, volve o Lugo a competir logo do macrogromo. Esta é a aliñación elixida por Rubén Albés para buscar os tres puntos contra o Spórting. Primeira titularidade de Álex Pérez e Ricard Sánchez, Lebedenko, Xavi Torres, Chris Ramos e Carrillo novidades.

 

 

15:49

Moita presenza de afeccionados albivermellos hoxe en Xixón!

1'

Arrincou o partido!

 

Comeza movendo o balón o conxunto local

10'

Domina o balón o Lugo nestes 10 primeiros minutos de partido, aínda sen ocasións para ningún equipo

19'

Mellor agora o Sporting aínda que sen demasiado perigo. Os dous primeiros tiros a porta foron locais e ambos nas botas de Djuka

25'

A mellor do Lugo no que vai de partido!

 

Aproveitou dende a frontal Lebedenko un rexeite dunha falta lateral para rematar a porta. O seu disparo bateu finalmente nas costas nun defensor e marchou a córner

34'

QUE REMATE DE SEÑÉ!

 

A piques de marcar o primeiro o Lugo, espectacular a volea do centrocampista de San Cugat. Enganchouna de marabilla e só a gran intervención do galego Mariño evitou o tanto.

44'

GOOOOOOL DE CARRILLO PARA O LUGO, O SEU SÉTIMO GOL NA TEMPORADA!

 

Espectacular a condución de Ricard Sánchez pola banda esquerda cando está xogando de lateral dereito, centro coa zurda e remate de Carrillo para poñer por diante ao Lugo xusto antes de que o colexiado sinale o descanso no Molinón!

José Ángel Carrillo comeza o 2022 como rematou o 2021: marcando goles. Sétimo gol na tempada do dianteiro murciano, curiosamente anotou os sete lonxe do Anxo Carro

46'

Comeza a segunda metade!

47'

TIVO O SEGUNDO SEÑÉ!

 

Saque de banda directamente a área de Gerard Valentín, peitea Carrillo e volea de Señé que detén de novo Mariño, mesmos protagonistas da ocasión da primeira metade

54'

Primeiro troco no Lugo, retírase Álex Pérez (semella que con algún problema físico) e entra Carlos Pita

56'

Remata alto Ros!

 

Centro de Ricard nunha falta lateral e remate do central do Lugo que marcha alto. A xogada estaba anulada por fóra de xogo. Dominador claro o conxunto de Rubén Albés nestes intres

61'

Empata o Sporting, marca Aitor García

 

É o primeiro disparo do conxunto local na segunda metade

63'

Crécenlle os ananos ao Lugo, expulsado Gerard Valentín

 

Entrada por detrás sobre Kravets e o colexiado amosa cartón vermello directo. En cuestión de 3 minutos e cando mellor estaba o Lugo, deulle a volta o Sporting que xa ten o partido de cara

90'

Tívoa Ricard!

 

Gran centro ás costas de Señé e o incansable lateral que rematou forzado. Chegando o Lugo nos últimos minutos malia ter un xogador menos

93'

Final no Molinón!

 

O Lugo volve a Galicia cun punto no peto que, tendo en conta como se puxo o partido, hai que poñelo en valor

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar