Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xavi Torres e Ricard Lopez lamentan os dous puntos perdidos no Molinón

Xavi Torres e Ricard Lopez lamentan os dous puntos perdidos no Molinón

Os futbolistas do CD Lugo atenderon ao Galicia en Goles tralo empate en Xixón

G24.gal 02/01/2022 19:15

Sensacións agridoces no cadro do C. D. Lugo tras o empate conseguido ante o Sporting. Malia que é certo que chegou a sufrir tras quedar con dez pola expulsión de Valentín, as mellores ocasións foron galegas.

No eixe da zaga estivo Xavi Torres, que se queixaba do resultado.

"As sensacións do xogo foron boas. Amola marchar cun só punto porque xogamos ben nun campo difícil. Eles apertaron, cun home máis, notábase. O traballo do equipo foi bo. Amosamos que somos un equipo competitivo. O mellor xogador deles foi o porteiro. É o camiño e agora hai que sumar de tres en tres na casa".

Pola súa banda, o asistente do gol lucense, o lateral catalán Ricard López, valorou a igualada nos micrófonos da Radio Galega.

"Pasan cousas que nos prexudican no campo. Non hai nada que reprochar, na liña que levamos. Os resultados chegarán se seguimos así. Mariño fixo un gran partido. Parou moito. Non soubemos aproveitar as ocasións".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar