Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo busca a quinta vitoria consecutiva en Liga

O Deportivo busca a quinta vitoria consecutiva en Liga

A serie de triunfos dá confianza

Aspira manter o liderado en Albacete

G24.gal 28/11/2025 13:41 Última actualización 28/11/2025 14:07

É o Deportivo o mellor equipo da Liga a domicilio. E novembro pode ser o mes perfecto se o Deportivo rabuña unha nova vitoria en Albacete. Van catro seguidas. Caerá a quinta?

Antonio Hidalgo: "As vitorias danche confianza para poder traballar con máis tranquilidade, a categoría diche que calquera pode gañarlle a calquera. Neste treito de liga estamos facendo moitas cousas ben, evidentemente temos marxe de mellora para seguir evolucionando".

Hidalgo non lle dá aprecio ao liderado no inverno e lembra cal foi o obxectivo trazado no verán. 

Antonio Hidalgo: "O obxectivo principal do ano era tentar estar entre os seis primeiros e niso debemos centrarnos. Darlle moito valor tamén aos rivais aos que nos enfrontamos, que ás veces pensamos que é máis doado do que é".

Non é sinxelo o Albacete. Mestura éxitos e fracasos, pero é máis sólido na casa. Para contarrestalo, Hidalgo xa dispón de Zakaria, o ariete máis certeiro do cadro. Pola contra, perde a Luismi Cruz para a cita do Belmonte pola picada muscular sufrida contra o Ceuta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos