Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Almería - Racing xogarase este martes por causa do apagamento masivo

O Almería - Racing xogarase este martes por causa do apagamento masivo

Os dous equipos estiveron de acordo en xogar canto antes o partido polos problemas que se producirían no calendario

G24.gal 28/04/2025 20:12 Última actualización 28/04/2025 20:37

O encontro entre o Almería e o Racing de Ferrol correspondente á xornada 37 quedou adiado debido ao apagamento masivo que afectou a toda a Península Ibérica. O partido estaba previsto para este luns ás 20:30 horas, e a decisión de suspendelo tomouse cando os xogadores de ambos os equipos xa estaban dentro do estadio, segundo confirmou o equipo andaluz.

Tanto Almería como Racing amosáronse dispostos a xogar este martes ás 20:30 horas para evitar os problemas que se darían co calendario ao estar moi preto o final da competición e o Almería estar xogando un posto na promoción de ascenso. A RFEF comunicou a última hora do luns a nova data aceptando as pretensións dos equipos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos