Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo anuncia a saída de Omenuke Mfulu

O Deportivo anuncia a saída de Omenuke Mfulu

O centrocampista abandona o Deportivo despois dunha soa temporada

X: @RCDeportivo X: @RCDeportivo
G24.gal 05/08/2025 12:28 Última actualización 05/08/2025 14:52

O R. C. Deportivo anunciou a saída do meciocentro congolés Omenuke Mfulu. O pivote despídese despois de xogar unha soa temporada en Coruña na que disputou 25 partidos, todos estes de Liga.

Mfulu chegou ao Deportivo libre desde As Palmas, equipo co que chegou a xogar en Primeira División. Previamente xa xogara en Segunda e Primeira División co Elxe, equipo co que logrou o ascenso de categoría na temporada 2019/2020.

O xogador, formado nas categorías inferiores do Lille, foi internacional en sete ocasións coa selección da República Democrática do Congo. No fútbol francés chegou a disputar a Ligue 1 co Stade Reims.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar