Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra empata coa Ponferradina en Pasarón (1-1)

O Pontevedra empata coa Ponferradina en Pasarón (1-1)

Granates e bercianos xogaron un tenso partido que se resolveu a balón parado

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 27/09/2026 21:01

Os hunos pasaron por Pasarón e non deixaron medrar a herba. 

O Pontevedra e a Ponferradina, dous dos aspirantes o ascenso, protagonizaron na quinta xornada un partido tenso e intenso, con moitas faltas, xogo subterráneo e continuas interrupcións do xogo que fixeron pensar que este era o partido decisivo.

Fútbol houbo pouco. As oportunidades escasearon e os goles chegaron en dúas xogadas a balón parado. O do Pontevedra no minuto 26 logo dun dobre remate de Argos y Elejalde desviado por Compa.

O fío do descanso, Alvaro Pérez reclamou un cobadazo de Aymane Jelbat noutra acción a balón parado que o colexiado non tivo en conta.

Os ánimos encendéronse o remate da primeira metade entre os xogadores dos dous equipos. 

Antes de inciarse a segunda parte, Nafti aproveitou a pizarra para dar as últimas indicacións. E nada máis reanudarse o partido, San Emeterio logrou a igualada noutro remate o saque desde o recanto.

O tanto fixo que Adrián Abalo conectara con Rubén Domínguez para que lle transmitira as novas indicacións para o resto da segunda parte.

Un período no que apenas houbo perigo, salvo un remate de Argos ao que respondeu de León cunha boa xogada individual. Finalmente, un a un nun partido de alta tensión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade