O Lugo ficha a Paulo Alves para loitar polo ascenso
David Peláez: "Vén o Celta, imos a Tarazona, este é un proxecto de envergadura"
Cando volvan os equipos de fútbol aos adestramentos en Lugo teremos unha novidade: Paulo Alves. Ao adestrador portugués encárganlle no Anxo Carro que logre a regularidade co Lugo e que o Lugo estea no final de temporada na pelexa polo ascenso.
A pasada temporada Paulo Alves ascendeu ao Moreirense á primeira división lusa. Antes ao Gil Vicente. Como futbolista militara no Sporting Braga, no Sporting de Lisboa e foi internacional con Portugal.
David Peláez, director deportivo Lugo, explica os motivos da fichaxe:
"Hai que dar un paso adiante, ser regulares, competitivos, inicio de ano complicado".
"Vén o Celta, imos a Tarazona, este é un proxecto de envergadura".
"Mínimo o playoff, hai que reaccionar, a liga non espera a ninguén".
O Lugo comeza o 2024 recibindo ao Celta Fortuna o 2 de xaneiro.