Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo empata descendendo ao Sabadell (3-3)

O Lugo empata descendendo ao Sabadell (3-3)

Os de Trashorras, sen ter nada en xogo, empataron fronte a un Sabadell que non materializou a súa ansia de permanencia

G24.gal 25/05/2024 22:25 Última actualización 25/05/2024 22:43

Partido sen especiais incentivos para o C. D. Lugo no Anxo Carro máis que despedir a temporada e recibir a un Sabadell famento de puntos. Os de Trashorras comezaron xogando sen presión e iso rematou nun primeiro gol de Aranda tras un gran pase de Leandro Antonetti. Co un a cero dos primeiros minutos o Sabadell estaba descendido malia a derrota do Real Unión. Xogando con esa presión engadida conseguiría o empate antes do descanso, e mandaría o encontro igualado ao tempo de lecer.

Na segunda metade o Lugo seguiría saíndo moi solto ao contraataque, e atopou moitos ocos en varias transicións ofensivas. Así chegaron os seus dous seguintes goles, primeiro Dacosta e logo Antoñín materializaban dúas xogadas rápidas e parecían afundir ao Sabadell na segunda RFEF. Os aires cambiaron contra o final do partido, e os visitantes conseguiron ata igualar o encontro grazas a dous balóns parados. Terían a última nun córner que non remataría entrando na porta lucense, e Trashorras e os seus asistían á tristura dos cataláns. 

O C. D. Lugo pecha unha tempada lonxe dos seus obxectivos, fóra da copa e demasiado afastado do ascenso. Haberá que estar á espera para ver que cambios se producen na entidade de cara á tempada que vén. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade