Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril remonta contra a Ponferradina para gañar o seu primeiro partido (2-1)

O Fabril remonta contra a Ponferradina para gañar o seu primeiro partido (2-1)

Os bercianos adiantáronse no treito final da primeira metade

En só doce minutos, Guerrero marcou os dous goles da remonta

G24.gal 13/09/2026 18:56

O Fabril xa gaña na primeira Federación. E a primeira vitoria foi unha meritoria remonta contra a Ponferradina, un equipo que sempre loita nos postos altos, e que a temporada pasada chegou ata a final polo ascenso.

Adri Guerrero é un dos seus grandes argumentos ofensivos e, xa no minuto 2, tivo un man a man que non puido culminar diante de Álex Domínguez. A réplica da Ponferradina deuna Unai Sabroso, cun lanzamento cruzado que non colleu portería.

E, logo dun remate de Martín Ochoa que non levou perigo, íase adiantar a Ponferradina. Foi nun ataque que culminou Arturo Molina. A última da primeira metade tamén foi dos bercianos, nun remate en prancha que detivo Álex Marqués.

Na segunda metade o Fabril buscou a iguaolada, e esta ía chegar logo dunha longa xogada, con varios rexeitamentos, e que acabou cun penalti a prol dos coruñeses. Encargouse de transformalo Adri Guerrero no 1-1. Quedaba todo como ao principio, e os coruñeses so apenas tardaron un cuarto de hora en desnivelalo ao seu favor. Foi noutra longa xogada co mesmo protagonista, Adri Guerrero, que anotaba o 2-1 definitivo.

Intentou evitar a derrota a Ponferradina, cun ataque de Chibozo no minuto 81 que desbaratou Marqués, e con outro de Óscar Vacas con remate fóra.Pero o resultado xa non se moveu. Un resultado que lles permite aos galegos colocarse con catro puntos en tres xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade