Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lobo entra na corte dunha granxa de Mazaricos e mata unha xata

O lobo entra na corte dunha granxa de Mazaricos e mata unha xata

Os gandeiros alertan dun cambio de hábitos do lobo: din que cada vez se achega máis ás casas e ás granxas

G24.gal 29/12/2025 13:54

O último ataque do lobo en Mazaricos foi nunha granxa situada ao carón dunha vivenda familiar, no lugar de Agrís. Entrou na corte e matou unha xata de catro meses.

"O lobo debeu de estar vixiando. A becerriña tiña a cabeza fóra, pescouna polo fouciño, arrastrouna para fóra e comeu un cacho porque prendeu na gaiola e non foi capaz de levala", relata María Dolores Barcia, gandeira xubilada.

Nesta gandería, non é a primeira vez que sofren o ataque do lobo.

"Con esta xa será a terceira. Haberá dous meses ou tres foi onde están soltas e a esa levouna".

E lembran que non só ataca ao gando. Aquí, segundo contan, os lobos xa lles mataron outros animais.

"Tamén nos levou un can moi bonito e non é o primeiro. Cantos levou xa!".

Os gandeiros alertan dun cambio de hábitos do lobo. Din que cada vez se achega máis ás casas e ás granxas.

"Home, porque eles teñen fame. Nós dámoslle un cacho de monte aí ao fondo, que cerren e que nos dean permiso e cando morra un tenreiro levámosllo para comer, se queren ter eses bechos bravos".

O desta gandería non é un caso illado. Contan que o lobo tamén entrou na granxa dun familiar e na doutro veciño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade