Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo xogará o pase á final da OK Liga no quinto partido

O Liceo xogará o pase á final da OK Liga no quinto partido

Perdeu en Noia o cuarto partido por 5-4

Foi sempre por diante e encaixou o quinto gol a 16 segundos do final

G24.gal 05/06/2022 14:14

O Liceo tivo moi preto a posibilidade de meterse na final no cuarto partido pero acabou perdendo na pista do Noia e tera que xogar todo no quinto partido, o martes en Riazor. 

Dous temperáns goles de Adroher servíronlle ao equipo de Juan Copa para dominar o primeiro tempo. Aguantou ata o último segundo, cando Adriá Ballart marcaba o primeiro do equipo catalán. 

O segundo tempo empezou cun gol de Álex Rodríguez. Respostou Adriá Ballart pero, de novo, Álex marcaba o 2-4. Quedaban dez minutos para o final e o Liceo semellaba ter a situación controlada. Un penalti permitiulle a Xavi Costa recortar diferenzas, e a tres minutos do final Esteller aproveitaba unha presión alta para poñer o empate. 

O encontro decidiuse a 16 segundos do remate do encontro. Eloi Mitjans superou a Carles Grau e poñía o empate a dous na eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade