Cargando resultados...
O Rácing comeza a preparar a tempada co obxectivo de recuperar a categoría
Pablo López está aos mandos tras o exitoso paso polo Ourense C.F.
Foto Racing
G24.gal
16/07/2025 13:11
Última actualización 16/07/2025 13:16
Xa está en marcha o Rácing disposto a recuperar a categoría perdida. A Gándara, cos campos habituais de adestramento do Rácing, acolleu o inicio do traballo pretemporada.
Con Pablo López aos mandos tras o exitoso paso polo Ourense C.F. Con moitas novidades e co cadro de xogadores sen pechar. E con varios xuvenís tratando de convencer o técnico e os seus colaboradores.
O Rácing comezará a liga o 31 de agosto recibindo o Talavera.