Giráldez quere tres reforzos de carácter ofensivo
Para o técnico porriñés, Borja Iglesias é a prioridade número un
Claudio Giráldez cifra en tres os futbolistas que o Celta necesita para reforzar o seu ataque, apuntando a Borja Iglesias como "a prioridade número uno, sen dúbida".
"Arriba estamos escasos coas saídas que houbo, que se xuntaron aí, e oxalá podamos reforzarnos ben, a ver que pasa co mercado", insistía.
Cando o técnico porriñés fala de xogadores de arriba, profundaba a continuación, refírese a "futbolistas de enganche, de desborde, de velocidade".
"Temos que completarnos arriba, en punta, e imos vendo como podemos completar esas posicións, apuntou.
Non deu ningunha pista sobre as opcións que pode haber de incorporar a Bryan Zaragoza e a Juan Cruz.
"As negociacións lévaas Marco (Garcés). Sabemos que é un bo xogador e, evidentemente, gústanos a toda a xente que lle gusta o fútbol. Ten moito talento e veremos que pasa".
Sobre o segundo nome, o mesmo.
"Si, parecido. Un é zurdo e o outro, destro, pero os dous son moi bos xogadores, con xuventude e talento», recalcou.