O Deportivo presenta a Lucas Noubi, central belga que chega tras un ano apartado no Liexa
Noubi: "Só xoguei dous partidos a temporada pasada, pero adestrábame moito. Son traballador"
Lucas Noubi (Mouscron, 2005) abriu o pano das presentacións de novas fichaxes no Deportivo. Despois de levar tan só dez días no club, o central belga atreveuse a contestar algunhas das preguntas en español, exhibindo o seu interese por ter unha veloz adaptación.
Fernando Soriano, acompañou o xogador, que o definiu como “un mozo con grandes cualidades físicas, gran desprazamento e ampla proxección”, polo que subliña tivo que competir con outros clubs para poder pechar a súa fichaxe con contrato ata 2029.
A pesar de xogar tan só dous partidos co Standard de Liexa a pasada campaña, por non querer renovar, asegura estar a punto fisicamente e preparado para axudar o equipo.
"Só xoguei dous partidos a temporada pasada, pero adestrábame moito. Son traballador"
Lucas Noubi, feliz e satisfeito tras a súa chegada ao Deportivo, analizou os seus primeiros días como branquiazul.
"O equipo é bo, con gran calidade. Non me dá chegado o momento de xogar con todos"