O Celta perde 0-2 co Famalicão no primeiro partido da pretempada
Nun partido moi igualado resultou decisiva a eficacia dos portugueses
O Celta terá o seu segundo partido da pretempada o sábado ante o en Braga ante o Spórting
Claudio Giráldez colocou no once titular ás dúas fichaxes da pretempada: Radu e Jutglá
A primeira parte foi moi igualada. O Celta tivo máis ocasións, pero os portugueses foron máis efectivos. Radu fixo a súa primeira parada co Celta pero non puido evitar o gol de Simon Elisor no minuto 40.
Antes, Miguel Román, Iagos Aspas e Ferrán Jutglá dispuxeron de oportunidades para adiantar aos celestes.
A segunda parte comezou con moitos trocos no conxunto galego. No primeiro minuto do reinicio, Óscar Mingueza comete un penalti claro, que transforma Justin de Hass no que era o 0-2.
O Celta comezou a controlar o encontro, pero con poucas ocasións. Unha clara foi un disparo de falta de Ristic, que rexeitou o porteiro portugués.
O Celta tomaba riscos e o Famalicão intentaba sorprender ao contrataque. No minuto 60, oportunidade clarísima de Gustavo Sá para facer o 0-3. O portugués disparou alto cando o máis doado semellaba marcar.
Os celestes non tiveron claras oportunidades. A mellor foi para Swedberg que non finalizou unha boa xogada combinativa.
Con 0-2 para o Famalicão finalizou a primeira proba do equipo de Giráldez. O Celta terá o seu segundo partido da pretempada o sábado 19 en Braga, ante o Spórting.