Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo salva unha situación límite na pista do Lleida (2-3)

O Liceo salva unha situación límite na pista do Lleida (2-3)

Tiña que gañar para forzar o terceiro partido e fíxoo despois de sufrir e salvar dúas bolas paradas nos últimos minutos

G24.gal 24/05/2025 19:49

O Liceo xogará o vindeiro martes (20:30 horas) o terceiro partido da eliminatoria de cuartos de final da OK Liga de hóckey a patíns. Afrontaba o segundo partido na pista do Lleida nunha situación límite despois de perder en Riazor o primeiro encontro. 

Todos os goles chegaron na primeira metade. Nico Ojeda adiantaba o Lleida aos dous minutos de partido. Reaccionou rápido o Liceo que empatou cun tanto de Arnau Xaus. A dez minutos do descanso Nil Cervera anotou o segundo e Bruno Saavedra poñía o 1-3 tres minutos despois. Pero antes do lecer Sebastiá Moncusí recurtaba diferenzas. 

A segunda metade foi de moito sufrimento. O Lleida tivo dúas faltas directas para igualar pero Martí Serra salvou baixo paus. Ata o último segundo tentou levar o partido á prórroga o cadro local pero o Liceo aguantou un triunfo que lle dá unha bola extra na competición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos