Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo rescata un empate nos últimos tres minutos (2-2)

O Liceo rescata un empate nos últimos tres minutos (2-2)

Os coruñeses igualaron un 2-0 cos goles de Nuno Paiva e Toni Pérez

Este domingo poderían perde o liderado da OK Liga

G24.gal 25/10/2025 22:59

E na OK Liga, o Liceo empatou na pista do Sant Just. O equipo coruñés salvou un punto cunha reacción nos últimos intres do encontro. O marcador non se moveu ata ben avanzado o segundo tempo. O Sant Just logrou dous goles nun minuto, por medio de Iñaki Cabezas e Pau Gilabert. Quedaba tempo por díante, pero os de Juan Copa non atinaron coa portería contraria ata os últimos tres minutos. Nuno Paiva, tras xogada de Dava Torres, e Toni Pérez fixeron os tantos liceístas para o dous a dous definitivo no Pavillón de La Bonaigua.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade