Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid non pode co City de Guardiola (1-2)

O Real Madrid non pode co City de Guardiola (1-2)

Resultado que deixa moi tocado ao adestrador dos brancos Xabi Alonso

Mbappe non pasou a proba e foi a grande ausencia dos madrileños 

@realmadrid @realmadrid
G24.gal 10/12/2025 22:06

Nova derrota do Real Madrid no Santiago Bernabeu. Esta vez na Champions League ante o City de Pep Guardiola. Os brancos amosaron unha melloría , insuficiente para puntuar, e máis de actitude que de cuestións futbolísticas.

O inicio do partido foi frenético. O equipo de Xabi Alonso xogou co corazón das grandes ocasións. Rodrigo respondeu á confianza do adestrador e adiantaría os brancos culminando unha eléctrica contra levada polo internacional brasileiro. Pero reaccionou o City que lograría á igualada ao aproveitar O´Reilly un mal despexe de Courtois a un remate de cabeza de Gvardiol. E antes do descanso adiantaríanse os de Guardiola tras converter Haaland un penalti que cometía sobre el mesmo o alemán Rudiger e que precisou a intervención do VAR para ser sinalado polo colexiado francés Turpin.

A segunda metade converteuse nun intercambio de golpes entre os dous equipos. Belligham errou un man a man con Donnaruma e Courtois salvaba cunha man milagreira un remate mordido de Cherki. O City foi collendo peso na ofensiva e Courtois volvía salvar aos seus de encaixar terceiro tanto. Moveu o equipo Xabi Alonso e reactivouse o Real Madrid. Endrick, un dos trocos, tivo o empate cun remate de cabeza que repeleu o pau traveseiro da meta dos ingleses. Foi a última oportunidade dun partido onde o Real Madrid deixou unha imaxe mellorada respecto os últimos partidos máis pola actitude que polo fútbol realizado no terreo de xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar