Juan Miranda : "O Celta será un rival duro. Nunca é fácil gañar en Balaídos"
O xogador andaluz será titular na defensa do Bolonia
Louvou ó Celta e o estilo do seu adestrador Claudio Giráldez
Juan Miranda é o único xogador español do Bolonia e falou na previa do partido da cita que terá en Balaídos este xoves:
"Vexo ben ó Celta. Leva varios anos moi bos baixo as ordes de Claudio que é un grande adestrador. Véxoo sempre que podo porque teño amigos xogando no Celta como Óscar Mingueza ou Borja Iglesias. Fan as cousas moi ben tanto tacticamente como colectivamente"
"Teñen grandes xogadores con moita calidade. Gústame o seu fútbol e agora o están amosando en Europa. Será un rival duro. Nunca é fácil gañar en Balaídos. É un partido moi difícil. Teñen moita calidade e será complicado"
"Todos soñamos con poder chegar á final. Pero para chegar hai que ir partido a partido. Mañá é un partido importante para a clasificación. Queda moito para a final. Hai que gañar mañá".