Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez festexa o momento do equipo: "Estamos por riba das expectativas"

Giráldez festexa o momento do equipo: "Estamos por riba das expectativas"

"Teremos que estar perfectos para superar calquera dos dous equipos que nos poden tocar", asegurou o técnico porriñés

G24.gal 27/02/2026 08:55

Claudio Giráldez xa pensa nos oitavos de final da Europa League. Despois de superar a eliminatoria de play off contra o PAOK a mente de Claudio sitúase no sorteo deste venres no que o Celta pode quedar emparellado co Aston Villa ou co Lión.

"Teremos que estar perfectos para superar a calquera dos dous. Son equipos con moita historia e con xogadores con experiencia. Polo que nos trasladan os xogadores podemos conseguilo pero será moi difícil".

Sobre o partido, Giráldez asegurou que "sabiamos que iamos ter enfronte un equipo ben traballado. As cousas non son doadas a estos niveis. Estou moi ledo por vivir unha eliminatoria máis".

O porriñés entende que o Celta está "por riba das expectativas agardadas ao comezo da temporada. Estamos nun lugar que non nos corresponde". Pero Claudio é ambicioso e agora soña "con estar en cuartos". 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade