Publicador de contidos

Publicador de contidos

O celtismo é optimista co cadro que ten por diante o equipo vigués

O celtismo é optimista co cadro que ten por diante o equipo vigués

Evita os dous equipos ingleses e no caso de pasaren os oitavos de final xogaría as dúas seguintes roldas co factor campo ao seu favor

G24.gal 27/02/2026 14:22

O celtismo ve con optimismo o cadro que lle quedou por diante na Europa League. Dentro do gran nivel que teñen Lión e Aston Villa os seareiros decantábanse polo equipo francés como un rival un pouco máis asequible. Ben é certo que a traxectoria na Europa League do Lión na primeira fase foi inmaculada con sete vitorias e só unha derrota, datos que lle valeron o primeiro posto da clasificación. Pero o poderío do cadro de Unay Emery e o nivel da Premier xera máis desconfianza á hora de afrontar unha eliminatoria. 

No caso de superar os oitavos de final o Celta xa coñece o cadro de posibles rivais. En cuartos tocaríalle o gañador da eliminatoria entre o Friburgo de Alemaña e o Genk de Bélxica. E a boa nova para o Celta é que, no caso de disputala, xogaría a volta en Balaídos. De feito, nuns hipotéticos cuartos e semifinais o segundo partido sería en Vigo.

As semifinais quedan moi lonxe pero os catro equipos que van pola súa parte son o Betis, o Panathinaikos de Rafa Benítez, o Spórting de Braga e o Ferencvaros. Evita así os dous equipos da Premier (Aston Villa e Nottingham Forest) e os da Serie A (Bolonia e Roma) que camiñarán pola outra parte xunto a adversarios de tanto nome como o Porto ou o Stuttgart

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade