Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta agarda rival en oitavos de final tras derrotar ao Paok (1-0) cun gol de Williot

O Celta agarda rival en oitavos de final tras derrotar ao Paok (1-0) cun gol de Williot

Williot desatascou o ataque celeste co seu cuarto tanto esta tempada na Europa League

O Celta agarda agora en oitavos polo Aston Villa ou polo Lyon

Foto Europa League Foto Europa League
G24.gal 26/02/2026 20:22 Última actualización 26/02/2026 22:51

Claudio Giráldez só facía dous trocos co respecto ao partido de ida. Javi Rueda e Matías Vecino comezaban no lugar de Mingueza e Román. No PAOK só repetían catro xogadores.

O primeiro tempo tivo pouca historia. O Celta tivo máis control e máis oportunidadezs pero só unha clara, un remate axustado de Matías Vecino tras pase de Iago Aspas. A mala nova para os galegos foi o cartón amarelo para Moriba no minuto 41.

O centrocampista quedaba no vestiario e entraba no seu lugar Miguel Román. Nada máis comezar o segundo tempo, o Celta gozou da mellor ocasión nun contragolpe culminado cun gran disparo de Borja Iglesias que rexeitou Tsiftsis.

O Celta non errou na seguinte acción. Gran triangulación entre Román, Borja e Williot que culmina o sueco cun disparo moi sutil. Era o cuarto tanto de Williot na competición continental e o terceiro que lle fixo aos gregos.

Claudio Giráldez moveu o banco e logrou manter o control ante un PAOK moi inocente no xogo e no ataque. Jones El-Abdellaoui  puido facer o 2-0 pero co 1-0 finalizou o encontro cunha gran festa na bancada de Balaídos.

Agora o Celta céntrase na Liga e no seu próximo rival: o Girona de Fran Beltrán. Mañá será o sorteo de oitavos: Aston Villa ou o Lyon, un dos dous pasará por Balaídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade